Museu Marítimo de Ílhavo
HOMENS E NAVIOS DO BACALHAU

Arquivo digital que documenta as campanhas bacalhoeiras desde o início do século XX

"A Saga do Bacalhau" em exposição na Galiza (Espanha)

21 de Junho de 2017 a 15 de Dezembro de 2017
041 aviz fog 1 772 2500

A 21 de junho, a convite do Proxecto Morada Atlántica, uma estrutura que tem como objetivo potenciar a cooperação e a partilha de conhecimento dos territórios costeiros do Atlântico Europeu (Espaha, Portugal, França, Reino Unido e Irlanda), inauguramos a itinerância da exposição "A Saga do Bacalhau", promovida pela Museu Marítimo de Ílhavo, com fotografias e um vídeo de Alan Villiers. Estará em exposição em quatro espaços culturais da costa da Galiza até 15 de dezembro.

 

Museo Man de Camelle Casa do Alemán
21JUN-03JUL

Fábrica de Sel de Muros
06JUL-26JUL

Museo del Mar de Laxe
01AGO-30AGO

Museo Marea
15SET-15DEZ

 

A pesca do bacallau é unha actividade económica multisecular, aínda que moi irregular en Portugal. A condición de grande importador e a tradición do consumo de bacallau salgado seco son as variables máis constantes dun patrimonio lendario que define a identidade portuguesa.

O peso do bacallau na balanza comercial e os seus efectos no déficit externo portugués xustificaron a intervención proteccionista do Estado Novo nunha industria que se organizou a través de institucións corporativas e organismos de coordinación económica. O condicionamento das importacións, o fomento da produción nacional e o control vertical do abastecemento foron os aspectos clave da intervención do Estado autoritario. Creada en 1934, a Comisión Reguladora do Comercio do Bacallau funcionou como cártel de Estado, dirixindo todos os segmentos de circulación do produto, da pesca á transformación e a importación ao retallo.
A campaña do bacallau tivo a súa vertente ideolóxica e a súa dimensión política, ben evidente na organización corporativa das pescas e na súa oligarquía. A produción de rituais populares, como a bendición dos bacallaeiros e outras formas de reprodución dun proxecto de “fomento económico nacional”, consolidou un programa de autosuficiencia que promoveu con eficacia a substitución de importacións. Carteis de propaganda, xornais de actualidade, emisións de radio e filmes exaltaron a renovación da flota bacallaeira e a normalización do abastecemento. Co final da II Guerra Mundial, a propaganda alcanza o seu auxe e, en 1950, anima a Alan Villiers, un oficial da Armada australiana e xornalista do National Geographic Magazine, a vivir e a contar unha viaxe aos bancos da Terra Nova a bordo dun veleiro portugués.
A pesca do bacallau con dóris dun só home era a última actividade económica que facía uso da navegación a vela en viaxes transoceánicas. Vistas con distancia no tempo, as súas imaxes son fermosas e invocan unha certa harmonía. Na realidade, era unha saga cruel, un traballo durísimo que todos os anos levaba cerca de cinco mil homes a Terra Nova e a Groenlandia para “traer á Patria o pan dos mares”.
Despois de embarcar no Argus, Alan Villiers compuxo un tríptico que percorreu o mundo: un libro (con edición orixinal en inglés, en 1951, e tradución portuguesa meses despois), un filme e un magnífico álbum de fotografías, que permite entender os múltiplos significados deste patrimonio singular.

Álvaro Garrido

Informação adicional: